skip to main |
skip to sidebar
Tomar decisións-actividade 13
O nosos proxectos de empresa son os seguintes:- UN XIMNASIO: No noso ximnasio habería as actividades normales para realizar en calquera ximnasio pero a maiores daríanse varias clases de aeróbic, distintos tipos de danza, e incluso boxeo, etc... Gustaríanos ter un ximnasio porque a xente acudiría alí a facer deporte e a poñerse en forma porque intentaríamos ter os mellores programas para que a xente se sentira agusto con nós. Poñeríamolo no centro de Vilalba para que todo o mundo tivera acceso a él. Aínda que o teríamos moi difícil porque xa hai bastantes ximnasios, e teñen a pouca xente de Vilalba conforme.

- EMPRESA DE ELECTRICIDADE: Na nosa empresa de electricidade contaríamos con persoal especializado, atención inmediata a domicilio e prezos baixos. Gustaríanos ter unha empresa de electricidade porque obteríamos un gran beneficio e daríamos as casas das persoas que contraten os nosos servizos unha gran serguridade na súa instalación eléctrica. A nosa empresa estaría situada no centro de Vilalba ou as aforas. Teríamos serios problemas para competir cunha gran empresa de electricidade chamada Moncho y Santomé.

No hay comentarios:
Publicar un comentario