viernes, 26 de febrero de 2010

Tomar decisións-actividade 13

O nosos proxectos de empresa son os seguintes:

  • UN XIMNASIO: No noso ximnasio habería as actividades normales para realizar en calquera ximnasio pero a maiores daríanse varias clases de aeróbic, distintos tipos de danza, e incluso boxeo, etc... Gustaríanos ter un ximnasio porque a xente acudiría alí a facer deporte e a poñerse en forma porque intentaríamos ter os mellores programas para que a xente se sentira agusto con nós. Poñeríamolo no centro de Vilalba para que todo o mundo tivera acceso a él. Aínda que o teríamos moi difícil porque xa hai bastantes ximnasios, e teñen a pouca xente de Vilalba conforme.
  • EMPRESA DE ELECTRICIDADE: Na nosa empresa de electricidade contaríamos con persoal especializado, atención inmediata a domicilio e prezos baixos. Gustaríanos ter unha empresa de electricidade porque obteríamos un gran beneficio e daríamos as casas das persoas que contraten os nosos servizos unha gran serguridade na súa instalación eléctrica. A nosa empresa estaría situada no centro de Vilalba ou as aforas. Teríamos serios problemas para competir cunha gran empresa de electricidade chamada Moncho y Santomé.

viernes, 19 de febrero de 2010

Avaliar ideas-actividade 12



Cuestións:

-Que opinión che merecen estas ideas?

A maioría están ben, como a de levar a compra a casa do cliente e outras non están tan ben como o de pechar. A idea de renovar o cartel é moi boa ideaporque asi a xente fixariase no cartel en entraria a comprar, tamén poderia baixar os prezos e por en practica ofertas para ofrecer calidade e comodidade.

-Cales cres que son máis fáciles de poñer en práctica?

A de especializarse en produtos artesanais, levar a compra a casa e a de cambiar o cartel.

-Que aspectos terías en conta á hora de avaliar estas ideas?

O presuposto, se lle gusta o produto a xente ou non e se se utilizan os servizos.

-Que outras ideas se che ocorren para mellorar?

Facer ofertas, promocionar os productos e reformar o local.