jueves, 26 de noviembre de 2009

Repasando conceptos básicos-actividade 7


· DEFINICIONS:

-Obradoiro: Lugar onde traballa alguén nos labores dunha arte, dun oficio ou dunha industria, especialmente na realización dalgún traballo manual.

-Iniciativa: Proposta, idea ou decisión que posibilita o inicio ou a realización de algo.

-Emprender: É innovar alí onde se desenvolve unha actividade, e sobre todo asumir que o desenvolvemento é un proceso continuo de aprendizaxe.

-Emprendedor: Persoa que ten unha idea de negocio e que a percibe como unha oportunidade que lle ofrece o mercado.

-Empresario: Persoa que posúe ou dirixe algunha empresa.

-Idea emprendedora: É unha actitude ou xeito de facer as cousas nas que se reflexa a motivación e a capacidade do individuo para identificar unha oportunidade de negocios e producir un novo produto ou servizo.

-Proxecto ou plan de empresa: É un documento que identifica, describe e analiza unha oportunidade de negocio.

-Empresa: Entidade económico-xurídico integrada polos elementos produción, capital e traballo.

-Ánimo de lucro: É a finalidade de gañar cartos.

viernes, 13 de noviembre de 2009

Buscando ideas-actividade 6



1. Nenos con ideas que valen millóns:

O texto trata de dous rapaces que dirixen unha empresa.
Jasmine Lawrence dirixe unha empresa relacionada con productos naturais para o coidado do cabelo. A empresa Eden Bodyworks LLC foi fundada por esta rapaza con 13 anos, agora ten 15 anos e encargase de dirixir esta empresa.

Spencer Whale é un rapaz de seis anos que inventou un coche de pedais para que os pais dos nenos que están no hospital non teñan que andar suxeitando o soro. O coche chamase Kidkaren Riding Car e é moi utilizado.

http://impreso.elnuevodiario.com.ni/2006/11/19/variedades/34333

http://www.elmundo.es/mundodinero/2006/11/22/economia/1164192144.html

2. Bistés coma os de antes

O texto fala de Biocoop que é unha empresa dedicada a carne vacuna, esta empresa intentaba mellorar a calidade da carne para que foran bos coma os de antes.


[http://www.verinbiocoop.com]

viernes, 6 de noviembre de 2009

Prensa e Economía- actividade 5


Nos periódicos fálase moito da economía e do que inflúe a crise nela ultimamente. Podemos ver moitos artigos nos cales o tema principal son os despidos como o ultimo artigo que saleu publicado hoxe mesmo no periódico "El País", que fala do número elevado de despidos que se produciron na empresa British Airways, tamen temos casos non tan recentes dos despidos que se levaron a cabo na fábrica de Leite Pascual situada en Outeiro de Rei e tamen na Opel.

Os periódicos encarganse de publicar os artigos con ese contido para que a xente vexa os problemas que causa a crise e o que se ven obligados a facer os xefes das empresas.