viernes, 30 de octubre de 2009

Emprendendo na escola-actividade 4


FESTIVAIS DE MÚSICA:
No noso centro realízanse todos os cursos festivais de música donde se recadan fondos para poder organizar excursións. Nel actúan rapaces e rapazas do instituto que cantan e realizan outras actividades como desfiles e bailes.

·De que xeito cres que repercute no centro educativo a celebración deste tipo de eventos?
-Pensamos que nos axuda a relacionarnos coa xente e colaborar para axudarnos os uns aos outros.

·A execución destas iniciativas comprometeu a un gran número de persoas?
-Si, porque moita xente quere colaborar neste tipo de festivais.

·En xeral, tratouse de accións planificadas e/ou guiadas?
-Si, porque os rapaces e rapazas que recadan fondos para a súa excursión son os que se encargan de planificar todo.

·Estas accións supuxeron algún custo económico?
-Si que supoñen un custo porque se debe fabricar as entradas e o material para poder facer as actuacións.

jueves, 29 de octubre de 2009

Artigo sobre as actividades empresariais de Vilalba-actividade 3


Vilalba está situada na provincia de Lugo con 15.864 habitantes. As súas festas máis destacadas son a Feira do Capón e a do Queixo de San Simón. Vilalba tamén é coñecida polo seu parador e pola área recreativa a Madalena. Nas aldeas próximas a Vilalba practícase a agricultura e a gandería.
As festas locais son o San Ramón e a Santa María nas que se poden disfrutar de actuacións de orquestras e de concertos, tamén se realizan actividades para os máis pequenos como a festa infantil e a lectura de contos.
A asociación do Racing Club Vilalbés ten varias categorias. O primeiro equipo atópase xogando en terceira división.
Unha das revistas mais importantes en Vilalba e a Pravia, a revista pertence o CEIP “ANTONIO INSUA BERMÚDEZ” de Vilalba. O primeiro número editouse en 1980 e o ultimo editado esta por sair da imprenta e será o número 50. A revista edita dous números por cada curso escolar a primeira editase en Decembro falando da Feira do Capón e o segundo número editase falando das Letras Galegas.

jueves, 15 de octubre de 2009

Vídeo sobre os emprendedores- actividade 2

Trata sobre as características dos emprendedores. E escollémolo porque mostra como se pode conseguir o que queres con esforzo!