lunes, 14 de diciembre de 2009

Coñecemos emprendedores-actividade 10



- Que razóns te levaron a motar unha empresa?
As miñas razóns por montar unha empresa son que acababa de quedar no paro e tiña que atopar un emprego e porque tiña unhas deudas para pagar.


- Existe algún precedente na túa famila que montara un negocio?
Sí, o meu avó tivera unha empresa de transportes, el indicoume como montala e enseñoume como dirixila.


- Que axudas e inversións recibiu nun comenzo?

Recibin unha axuda económica da Xunta e outra do concello.

- Onde te informaches de axudas e subvencións?

Nun libro que leera, que falaba de como montar un negocio e axudas que che podían ofrecer.

- Que situación actual tes (nº de traballadores e radio de influencia do negocio)?
Actualmente somos unha grande empresa con un numero de traballadores tal como 72 empregados e actuamos por todo Galiza.

- Que servizos precisa no seu desnvolvemento cotián?

Da xestoría edirección ocupome eu mesmo, da limpeza un curmán e do transporte o meu pai.

jueves, 10 de diciembre de 2009

Nanotecnoloxía... ideas pequeniñas?-actividade 9




-Como se chama o investigador?
O investigador chámase Javier García Martínez.

-Que é a nanotecnoloxía?
A nanotecnoloxía é un campo das ciencias aplicadas dedicado ao control e manipulación da materia a unha escala menor que un micrómetro, é decir, a nivel de átomos e moléculas

-Que é unha patente?
Unha patente é un conxunto de dereitos exclusivos concedidos por un Estado a un inventor ou ao seu cesionario, por un período limitado de tempo a cambio da divulgación dunha invención.

-Que aplicación da nanotecnoloxía das que se citan che gustou máis? Por que?
A de mellorar as propiedades do metal.
Porque asi os metais durarán mais e poderíanse utilizar moito mais tempo.


-Destaca unha frase deste científico como se tiveras que escoller un titular para unha noticia.

España nesta economía debe atender a nanotecnoloxía.

O capitalismo-actividade 8

-CAPITALISMO: é un sistema económico dominado polo capital e non polo traballo.

-DESVANTAXES DO CAPITALISMO: A crítica do capitalismo é a visión que existe de que é un sistema caracterizado pola explotación intraeconómica da forza de traballo para ser o home que traballa como unha mercadoría. Esta condición sería a súa principal contradición traballo de produción de medios de comunicación privada colectiva, así, mentres que o capitalismo é producida colectivamente, o gozo da riqueza xerada é privado. A alternativa histórica ao capitalismo con mellor recepción ten sido representada polo comunismo.


-VANTAXES DO CAPITALISMO: A principal vantaxe é que se estimula de forma directa a productividade na economía. Quen produce máis, con menores custos, obten un maior beneficio económico que a súa vez pode volver a invertir xenerando en espiral unha riqueza crecente.

jueves, 26 de noviembre de 2009

Repasando conceptos básicos-actividade 7


· DEFINICIONS:

-Obradoiro: Lugar onde traballa alguén nos labores dunha arte, dun oficio ou dunha industria, especialmente na realización dalgún traballo manual.

-Iniciativa: Proposta, idea ou decisión que posibilita o inicio ou a realización de algo.

-Emprender: É innovar alí onde se desenvolve unha actividade, e sobre todo asumir que o desenvolvemento é un proceso continuo de aprendizaxe.

-Emprendedor: Persoa que ten unha idea de negocio e que a percibe como unha oportunidade que lle ofrece o mercado.

-Empresario: Persoa que posúe ou dirixe algunha empresa.

-Idea emprendedora: É unha actitude ou xeito de facer as cousas nas que se reflexa a motivación e a capacidade do individuo para identificar unha oportunidade de negocios e producir un novo produto ou servizo.

-Proxecto ou plan de empresa: É un documento que identifica, describe e analiza unha oportunidade de negocio.

-Empresa: Entidade económico-xurídico integrada polos elementos produción, capital e traballo.

-Ánimo de lucro: É a finalidade de gañar cartos.

viernes, 13 de noviembre de 2009

Buscando ideas-actividade 6



1. Nenos con ideas que valen millóns:

O texto trata de dous rapaces que dirixen unha empresa.
Jasmine Lawrence dirixe unha empresa relacionada con productos naturais para o coidado do cabelo. A empresa Eden Bodyworks LLC foi fundada por esta rapaza con 13 anos, agora ten 15 anos e encargase de dirixir esta empresa.

Spencer Whale é un rapaz de seis anos que inventou un coche de pedais para que os pais dos nenos que están no hospital non teñan que andar suxeitando o soro. O coche chamase Kidkaren Riding Car e é moi utilizado.

http://impreso.elnuevodiario.com.ni/2006/11/19/variedades/34333

http://www.elmundo.es/mundodinero/2006/11/22/economia/1164192144.html

2. Bistés coma os de antes

O texto fala de Biocoop que é unha empresa dedicada a carne vacuna, esta empresa intentaba mellorar a calidade da carne para que foran bos coma os de antes.


[http://www.verinbiocoop.com]

viernes, 6 de noviembre de 2009

Prensa e Economía- actividade 5


Nos periódicos fálase moito da economía e do que inflúe a crise nela ultimamente. Podemos ver moitos artigos nos cales o tema principal son os despidos como o ultimo artigo que saleu publicado hoxe mesmo no periódico "El País", que fala do número elevado de despidos que se produciron na empresa British Airways, tamen temos casos non tan recentes dos despidos que se levaron a cabo na fábrica de Leite Pascual situada en Outeiro de Rei e tamen na Opel.

Os periódicos encarganse de publicar os artigos con ese contido para que a xente vexa os problemas que causa a crise e o que se ven obligados a facer os xefes das empresas.

viernes, 30 de octubre de 2009

Emprendendo na escola-actividade 4


FESTIVAIS DE MÚSICA:
No noso centro realízanse todos os cursos festivais de música donde se recadan fondos para poder organizar excursións. Nel actúan rapaces e rapazas do instituto que cantan e realizan outras actividades como desfiles e bailes.

·De que xeito cres que repercute no centro educativo a celebración deste tipo de eventos?
-Pensamos que nos axuda a relacionarnos coa xente e colaborar para axudarnos os uns aos outros.

·A execución destas iniciativas comprometeu a un gran número de persoas?
-Si, porque moita xente quere colaborar neste tipo de festivais.

·En xeral, tratouse de accións planificadas e/ou guiadas?
-Si, porque os rapaces e rapazas que recadan fondos para a súa excursión son os que se encargan de planificar todo.

·Estas accións supuxeron algún custo económico?
-Si que supoñen un custo porque se debe fabricar as entradas e o material para poder facer as actuacións.

jueves, 29 de octubre de 2009

Artigo sobre as actividades empresariais de Vilalba-actividade 3


Vilalba está situada na provincia de Lugo con 15.864 habitantes. As súas festas máis destacadas son a Feira do Capón e a do Queixo de San Simón. Vilalba tamén é coñecida polo seu parador e pola área recreativa a Madalena. Nas aldeas próximas a Vilalba practícase a agricultura e a gandería.
As festas locais son o San Ramón e a Santa María nas que se poden disfrutar de actuacións de orquestras e de concertos, tamén se realizan actividades para os máis pequenos como a festa infantil e a lectura de contos.
A asociación do Racing Club Vilalbés ten varias categorias. O primeiro equipo atópase xogando en terceira división.
Unha das revistas mais importantes en Vilalba e a Pravia, a revista pertence o CEIP “ANTONIO INSUA BERMÚDEZ” de Vilalba. O primeiro número editouse en 1980 e o ultimo editado esta por sair da imprenta e será o número 50. A revista edita dous números por cada curso escolar a primeira editase en Decembro falando da Feira do Capón e o segundo número editase falando das Letras Galegas.

jueves, 15 de octubre de 2009

Vídeo sobre os emprendedores- actividade 2

Trata sobre as características dos emprendedores. E escollémolo porque mostra como se pode conseguir o que queres con esforzo!